PLAN LECTOR 2017/19. 1ª AVALIACIÓN


Hai que seguir escalando moito e disfrutando coa lectura. Aínda hai moitos cumes por alcanzar.
Grazas, especialmente, ó profesorado que cede os 15 minutos diarios de clase para que se poda ler.

Estrelas de Nadal

Os alumnos de 4º de ESO, coordinados polo profesor de plástica Bernardino Cerviño, realizaron para a nosa Biblioteca unha preciosa exposición de estrelas de Nadal. Con cada estrela, unida a un desexo de paz, liberdade, solidariedade, amizade, igualdade, xustiza, ... despedímonos ata o 2018.





















Nadal na Biblioteca

Entre un Papá Noel convertido nunha auténtica estrela do rock e coa que os nosos alumnos facíanse selfies, estrelas de nadal e moitos, moitos libros, vivimos un adianto destas datas na nosa Biblioteca.










Un dereito, un libro

Co fin de conmemorar o día dos dereitos humanos, a biblioteca fixo unha selección de libros por cada dereito humano. A continuación, tedes unha pequena mostra da selección.








Repítese a historia

Cun dramático mural inspirado no Gernika de Picasso, o profesor de debuxo Manuel Sánchez, resumiu o lema da exposición realizada este ano sobre os dereitos humanos: Repítese a historia. Neste mural reflíctese a angustia, desolación, pánico, ansiedade, inseguridade, incertidume, ... que sofren e sofriron todas aquelas persoas que tiveron que abandoar os seus fogares por mor dunha guerra. 



A exposición tenta facernos ver que calquera de nós pode ser unha desas persoas; para iso recurrimos a un cómic, un album ilustrado e a imaxes reais.
Partimos do cómic El Convoy, que amosa a situación dos refuxiados republicanos españois, e seguimos co album ilustrado Refugiada, de rabiosa actualidade cos refuxiados sirios. Rematamos coas impactantes imaxes de milleiros de persoas abandoando as súas casas e o seu país, collendo trens que non saben onde os levarán, ... e rematando en campos de refuxiados.









Tuiteando contra a violencia de xénero



Os alumnos de 3º ESO B, coordinados pola profesora lingua castelán, Beatriz López López,  levaron a cabo unha serie de actividades dentro do programa “Por 365 días de respecto e igualdade”, incluido no Plan Proxecta 2016-2017 do que o centro forma parte, de cara á conmemoración do Día Internacional contra a violencia de xénero.
Partindo da análise da curtametraxe titulada Mofas máxicas de Daniel Rebner e ao igual que Pablo, o protagonista da curta, puxéronse unha gafas máxicas para soñar con outra realidade distinta. Unha realidade na que non existía a violencia en ningunha das súas manifestacións e na que os valores de respecto e igualdade formaran parte dela.
Era preciso invitalos a pensar e a escribir, por iso, unha das actividades principais consistiu en publicar chíos na rede social Twitter coa etiqueta #cabesinviolencia, en colaboración co equipo da Biblioteca. Todos chiaron contra a violencia de xénero e encheron o vestíbulo do instituto coas súas verbas.