PARA SOÑAR EN AZUL...

Moitas veces teño pensado que as cores dos libros materiais que caen nas nosas mans poden atraparnos entrando "polos ollos". Por iso, vos propoño soñar en cores coa nosa Biblioteca. Comezamos a soñar en AZUL.

TERESA GRAU NA BIBLIOTECA.


Antes do Nadal, enchemos a Biblioteca unha vez máis de maxia grazas ós Contos de Teresa Grau, que engaiolou ós rapaces de 1ºESO coa súa vez, a súa presenza e as súas verbas que chegan directas como un dardo e se desparraman no ar e nas atentas miradas...


Bo Nadal e merecidas vacacións para todos.