La vie en rose

Por fin chegou o gran día! Películas de amor, mensaxes, doces, cartas, violinistas, e ata mesmo un baile organizado pola nosa profesora de música, Eva. Na biblioteca fixemos un pequeno video onde se ven ás nosas violinistas interpretando "La vie en rose".


Toda a xornada transcurriu entre música e baile.

Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

Cartas de amor

Co gallo do "Día dos namorados", dende a Biblioteca do IES Rio Cabe convocouse un concurso de cartas de amor, amizade, agradecemento, ..., no que as tres mellores cartas recibiron un amoroso agasallo. As misivas ían dirixidas a persoas do centro e depositadas nun buzón, en forma de corazón, que tiñamos na biblioteca. O día 14 de Febreiro, as nosas "carteiras", Luiza e Sarah, repartíronas polas clases. De seguido, tedes unha pequena mostra desta divertida e amorosa actividade.  
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

A árbore do amor

"Tú sonrisa me da más energía que el ciclo de Krebs", "Estar enamorado es estar un poco loco", "Nuestro amor es más fuerte que el enlavce covalente", "No hay disfraz que pueda largo tiempo ocultar el amor donde lo hay, ni fingirlo donde no lo hay", "Eres el sistema que encaja con mi centro activo", ... Éstas son algunhas das centos de mensaxes que os nosos alumnos colgaron da árbore do amor que o noso compañeiro de debuxo, Jorge, nos fixo na entrada do centro. Son mensaxes en castelán, en galego, en inglés, en francés, e mesmo en árabe, nas que contribuiron especialmente os rapaces e rapazas de 1º e 2º de BAC, 4º da ESO, 1º da ESO, ... ¡Grazas a tod@s por encher a nosa árbore|  
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

ÁLBUMS QUE NAMORAN....

Espectaculares, emotivos, orixinais... calquera vos pode namorar.

Un vendaval chegou ao noso centro: O amor

Películas, cartas, doces, frechas, cupidos, corazóns, "carteiras do amor", ... comezan a aparecer polo centro. A continuación deixámosvos un pequeniño adianto:


Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador