Unha obra de arte

O profesor de plástica, Anxo Alvaredo Maceda, realizou durante o curso 2016/17 cos seus alumnos de 1º da ESO o Proxecto Interdisciplinar Reproducción a escala 1/10 do colexio do Cardeal de Monforte de Lemos. Os alumnos buscaron información nos ordenadores, libros, enciclopedias e outro material bibliográfico presente na biblioteca. Analizaron e sintetizaron a información co gallo de chegar a facer a maqueta deste monumento.
Fíxose unha análise da fachada para dividila en espazos xeométricos sinxelos. Dividiuse a clase en sete grupos, ...., e o resultado foi: unha auténtica obra de arte!.
A continuación, amosamos unha pequena escolma de fotos do proceso e o resultado final.









Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

0 comentarios: